JURÍDICA
Prestamos o apoio xurídico imprescindible para manterse aboiando e orientar o rumbo en augas de difícil navegabilidade.
Asesoramento xurídico en previsión social complementaria conxuntando a visión poliédrica do resto das áreas, o que posibilita unha identificación das necesidades e a oferta de solución en cada caso particular. Para iso actuamos no deseño regulador, mediante a aplicación normativa que posibilite o funcionamiento ou, no seu caso, a adaptación dos modelos.
Aínda que a nosa vocación é o asesoramento xurídico integral, dada a relevancia da coordinación dos intereses en previsión social e a canalización negociada dos conflitos, non pode descartarse a posible xudicialización das pretensións ou a necesidade de defensa xurídica colectiva ou individual. Achegamos para iso a dirección técnica e representación procesual que se precise.
Cobertura xurídica completa: desde a negociación dos acordos colectivos ata o asesoramento na toma de decisión en Comisións de Control ou Xuntas Directivas e de Goberno
Apoio técnico legal ás Áreas de Investimentos, Actuarial e en particular á Área de Gobernanza
Intervención procesual especializada en todas as xurisdicións
Preparación e supervisión de todos os contratos requiridos: de xestión, depósito, con sociedades de investimento, de aseguramento de compromisos, excesos fiscais e responsabilidade civil
PROGRAMA KIT DIGITAL COFINANCIADO POR LOS FONDOS NEXT GENERATION UE DEL MECANISMO DE RECUPERACIÓN Y RESILIENCIA