ACTUARIAL
O rigor e a obxectividade na identificación dos riscos, e a súa axeitada valoración financeira, son elementos clave no funcionamento dos sistemas de previsión social complementaria.
Desde a prestación definida á contribución definida, pasando pola análise dos custos salariais, a función actuarial é necesaria na previsión social complementaria. Identificar os riscos que afectan as persoas, e avalialos financeiramente en función da probabilidade do seu acaecemento, é unha tarefa que cobre todos os ámbitos da previsión social complementaria.
Valoración financeira e actuarial dos compromisos de pensións
Asesoramento técnico en todos os ámbitos de negociación
Deseño e definición de sistemas prestacionais, métodos de financiamento e cobertura de riscos na previsión social complementaria
Revisión financeiro-actuarial, ditames, informes técnicos e aplicación da normativa contable española e internacional no ámbito financeiro e actuarial
Desenvolvemento da Función Actuarial (Actuario Ordinario) nos Plans de Pensións de Emprego
PROGRAMA KIT DIGITAL COFINANCIADO POR LOS FONDOS NEXT GENERATION UE DEL MECANISMO DE RECUPERACIÓN Y RESILIENCIA
